Volver

#ACULTURASEGUE

Terra de fraternidade. Nós TV

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Dous audiovisuais sobre lingua e lusofonía para afondarmos no vínculo entre Galicia e Portugal: o primeiro, Unha road trip pola raia, mostra un percorrido en automóbil pola fronteira, tocando os tres puntos de paso do Camiño de Santiago, e servirá para poñer en valor a riqueza patrimonial, lingüística e cultural desta zona e favorecer o turismo; o segundo, Zeca Afonso en Galicia, pretende reforzar os vínculos a través dunha figura histórica, simbólica e relevante para os dous territorios, un dos artistas máis importantes do mundo lusófono no século XX e que tivo unha relación moi especial con Galicia.