Volver

#ACULTURASEGUE

Cantando á nosa terra. Centro Recreativo e Cultural de Torroso

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Andrea Pousa e o grupo de cantadoras Sobreira de Torroso acompañan a Banda de Música Xuvenil de Torroso nun concerto celebrado no verán de 2020 no Pazo de Mos. O repertorio inclúe temas como "Lela" (con letra de Castelao e música de Rosendo Mato) ou poemas musicados de autoras e autores galegos coma Rosalía de Castro ou Curros Enríquez.