Volver

FALAREDES 2021

Derriba da Lúa

Abrimos o FalaRedes cun espectáculo-obradoiro de narración oral e música, de recente creación, para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos. Con Derriba da Lúa queremos arrolar, contar, cantar, recitar e xogar en familia para soñar e medrar libres coma paxaros, de Candeloria a Candeloria.

  • Derriba da Lúa. Detalle do cartel

    Derriba da Lúa. Detalle do cartel

Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento, que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: a primeira apagouse e naceu a Lúa; a segunda quedou acesa e naceu o Sol; a terceira comezou a xirar e naceu a Terra. Na Terra hai un carballo. No carballo hai un niño. No niño hai unha merla que choca tres ovos...

O proxecto, que desenvolven as artistas Vero Rilo e Sonsoles Penadique, persegue tres obxectivos:

  • A estimulación temperá a través da música e dos sentidos.
  • A oralidade en galego desde o comezo da linguaxe.
  • A transmisión de tradicións como a Candeloria e o seu refraneiro popular.

Derriba da Lúa comeza a súa andaina no FalaRedes o 28 de xullo no Museo da Cidade da Cultura de Galicia, ás 18.00 e ás 19.00 horas. 

Nas vindeiras semanas fará parada en Lalín, Fene e Cangas, con dous pases por localidade.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Derriba da Lúa
Data e hora Lugar Concello Provincia
Mércores 28 de xullo, ás 18:00 horasCidade da Cultura Santiago de Compostela A Coruña
Mércores 28 de xullo, ás 19:00 horasCidade da Cultura Santiago de Compostela A Coruña
Sábado 11 de setembro, ás 18:00 horasSala de exposicións do Auditorio Cangas Pontevedra
Sábado 11 de setembro, ás 19:00 horasSala de exposicións do Auditorio Cangas Pontevedra
Domingo 19 de setembro, ás 18:00 horasPraza do Antigo Concello Lalín Pontevedra
Domingo 19 de setembro, ás 19:00 horasPraza do Antigo Concello Lalín Pontevedra
Sábado 2 de outubro, ás 11:30 horas Biblioteca Municipal Xose María Pérez Parallé  Fene  A Coruña
Sábado 2 de outubro, ás 12:30 horas Biblioteca Municipal Xose María Pérez Parallé  Fene A Coruña