Volver

FALAREDES 2021

Mezzo

  • Mezzo. Detalle do cartel

    Mezzo. Detalle do cartel

O FalaRedes 2021 ofrece como novidade este espectáculo de circo itinerante musical, que chega da man da compañía Pistacatro: Giovanni di Mezzo, botánico, explorador e naturalista xenovés do s. XIX, descobre unha illa no océano Pacífico que lle dá acubillo a estrañas criaturas, descoñecidas especies de insectos xigantes da Era Mesozoica que sobreviviron á grande extinción.

Ao seu regreso a Europa, o doutor Mezzo exhibe algunha destas criaturas nunha feira ambulante da que sae o fantástico circo de insectos xigantes do doutor Mezzo. Mezzo é un espectáculo itinerante cheo de cor, imaxinación e fantasia, co que Pistacatro quere recuperar por un lado o espírito de aventura das novelas de Xulio Verne e, por outro, a estética visual dos circos ambulantes de finais do s. XIX e principios do XX.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Mezzo
Data e hora Lugar Concello Provincia
Venres 13 de agosto, ás 20:00 horasCantón de San Roque Melide A Coruña
Domingo 22 de agosto, ás 19:00 horasPraia de Chapela Redondela Pontevedra
Venres 27 de agosto, ás 19:30 horasRibeira de Caldelas Tui Pontevedra