Volver

FALAREDES 2021

Estrela do día

  • Estrela do día. Detalle do cartel

    Estrela do día. Detalle do cartel

O programa de dinamización lingüística FalaRedes e a Rede de Dinamización Lingüística súmanse á celebración do 800 aniversario do nacemento de Afonso X O Sabio, promotor dunha das obras cume, non só da literatura en galego, senón de toda a literatura e a música europea medievais, as Cantigas de Santa María. Fano a través do espectáculo Estrela do día, da compañía Producións Teatrais Excéntricas.

O espectáculo traduce o mundo das mencionadas cantigas ao teatro de hoxe. Ofrece unha visión actualizada dos milagres relatados por Afonso X aplicados aos problemas do presente para que nos sirvan de espello e nos recoñezamos neles.

Estrela do día chegará a partir do 1 de outubro á ADR da Comarca de Lugo, Arteixo e O Rosal.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Estrela do día
Data e hora Lugar Concello Provincia
Venres 1 de outubro, ás 20:00 horasAuditorio do Centro Cultural e Xuvenil Arteixo A Coruña
Venres 5 de novembro, ás 17:30 horasAuditorio Friol Lugo
Domingo 14 de novembro, ás 19:00 horasAuditorio O Rosal Pontevedra