Volver

FALAREDES 2021

Bernarda

  • Bernarda. Detalle do cartel

    Bernarda. Detalle do cartel

A compañía Malasombra Producións incorpórase ao programa de dinamización lingüística FalaRedes co espectáculo Bernarda. Trátase dunha peza teatral de enorme calidade, a máis premiada en Galicia no ano 2020, que fala da memoria da ditadura franquista e do papel da muller no contexto do franquismo e da transición.

Bernarda chegará este outono a catro concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Neda, Ribadumia, Silleda e Salceda de Caselas.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Bernarda
Data e hora Lugar Concello Provincia
Venres 1 de outubro, ás 18:00 horasCasa da Cultura Neda A Coruña
Sábado 2 de outubro, ás 21:00 horasAuditorio Municipal Salceda de Caselas Pontevedra
Domingo 7 de novembro, ás 19:00 horasAuditorio Manuel Dopazo (A Bandeira) Silleda Pontevedra
Domingo 14 de novembro ás 19:00 horasAuditorio Municipal Ribadumia Pontevedra