Volver

FALAREDES 2021

Invisibles

  • Invisibles. Detalle do cartel

    Invisibles. Detalle do cartel

Redrum Teatro participa por primeira vez no programa de dinamización lingüística FalaRedes coa peza Invisibles, que chegará este outono ao Val do Dubra, A Pobra do Caramiñal, Soutomaior e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Invisible é un espectáculo teatral creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas: a violencia de xénero. O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática. A pretensión fundamental é sensibilizar as espectadoras e os espectadores sobre esta lacra que invade a nosa sociedade.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Invisibles
Data e hora Lugar Concello Provincia
Domingo 17 de outubro, ás 19:00 horasAuditorio Municipal Val do Dubra A Coruña
Sábado 30 de outubro, ás 21:00 horasAuditorio Multiúsos de Arcade Soutomaior Pontevedra
Domingo 31 de outubro, en hora por determinarCine Elma A Pobra do Caramiñal A Coruña
Domingo 14 de novembro ás 19:00 horasAuditorio Municipal Quiroga Lugo