Volver

FALAREDES 2021

A pluma viva de Rosalía

  • A pluma viva de Rosalía. Detalle do cartel

    A pluma viva de Rosalía. Detalle do cartel

Os Quinquilláns recuncan no FalaRedes cunha homenaxe á nosa escritora máis universal: Rosalía de Castro.

A pluma viva de Rosalía, para todos os públicos a partir de 9 anos, está baseada nun feito real de censura a un texto da autora de Follas novas. Arranca coa visita sorpresa de Rosalía de Castro á imprenta de Soto e Freire, que acaba de ser atacada por un grupo de 200 seminaristas contrarios á publicación do artigo “El Codio”. A peza pon en valor a escritora e a súa defensa da nosa cultura, do noso idioma, da xustiza social, da liberdade e da igualdade entre mulleres e homes.

Este espectáculo teatral poderá verse desde finais de outubro nas seguintes entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Negreira, O Rosal, Malpica, GDR Terras de Compostela e Fundación Pazo de Mos.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. A pluma viva de Rosalía
Data e hora Lugar Concello Provincia
Venres 5 de novembro, ás 20:30 horasAuditorio Municipal Negreira A Coruña
Domingo 7 de novembro, ás 18:30 horasAuditorio Fundación Pazo de Mos Fundación Pazo de Mos Pontevedra
Venres 26 de novembro, ás 20:30 horasAuditorio Centro Cívico Malpica de Bergantiños A Coruña
Sábado 27 de novembro, ás 20:30 horasAuditorio do Milladoiro (Ames) Asoc. Terras de Compostela A Coruña
Domingo 28 de novembro, ás 19:00 horas Auditorio Municipal O Rosal Pontevedra