Volver

FALAREDES 2021

O ogrocho

  • O grocho. Detalle do cartel

    O grocho. Detalle do cartel

A compañía Teatro de Ningures trae ao FalaRedes esta peza para público infantil e familiar protagonizada por un pequeno ogro de seis anos que descobre as características que o diferenzan do resto do alumnado ao comezar o colexio. O ogrocho aborda temas como a superación, a imaxinación, o amor, a natureza humana, a valentía, a moral, a morte, a violencia, a represión, o abandono, a mentira, a soidade ou o engano para amosarlles aos nenos e nenas a complexidade de ser persoa.

Verémolo este outono no Grove, A Cañiza, Zas, Cuntis e as mancomunidades Terras da Mariña Lucense e Terras de Celanova.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. O grocho
Data e hora Lugar Concello Provincia
Sábado 6 de novembro, ás 19:00 horasCentro Sociocultural de Baio Zas A Coruña
Venres 12 de novembro, ás 18:00 horasCasa da Cultura Manuel Lueiro Rey O Grove Pontevedra
Sábado 20 de novembro, ás 19:00 horasCentro Sociocultural e xuvenil José Raído "Patelas" Cuntis Pontevedra
Domingo 21 de novembro, ás 19:00 horasSalón de actos Manuel Lourenzo O Valadouro Lugo
Sábado 27 de novembro, ás 17:00 horasAuditorio de Outomuro Cartelle Ourense
Domingo 28 de novembro, ás 17:00 horasCasa da Cultura A Cañiza Pontevedra