FALAREDES 2021
Menú de refectorio
O programa de dinamización lingüística FalaRedes incorpora, con Menú de refectorio, unha nova peza de teatro de monicreques. Trátase dunha proposta de Viravolta Títeres que se sitúa nun mosteiro. Alí os monxes, mentres preparan a mesa para o xantar, conversan sobre personaxes literarios do Renacemento cuxas accións dramáticas toman forma a través dos elementos da vaixela que hai sobre a mesa.
Menú de refectorio estará este outono en sete concellos da Rede de Dinamización Lingüística: A Peroxa, Salceda de Caselas, Miño, Ribas de Sil, Coristanco, Guitiriz e Ponte Caldelas.
Axenda de FalaRedes 2021. Menú de refectorio | |||
Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
Venres 15 de outubro, ás 18:00 horas | Auditorio | Salceda de Caselas | Pontevedra |
Domingo 24 de outubro, ás 12:00 horas | Edificio de Servizos Múltiples | Coristanco | A Coruña |
Domingo 31 de outubro, ás 12:00 horas | Auditorio | A Peroxa | Ourense |
Venres 5 de novembro, ás 20:00 horas | Colexio | Ponte Caldelas | Pontevedra |
Sábado 13 de novembro, ás 12:00 horas | Local Social A Rúa | Miño | A Coruña |
Sábado 20 de novembro, ás 18:30 horas | Biblioteca da Casa Habaneira | Guitiriz | Lugo |
Domingo 21 de novembro, ás 19:00 horas | Salón de actos da Casa do Concello | Ribas de Sil | Lugo |