Volver

FALAREDES 2021

Mil maxias máis

  • Mil maxias máis. Detalle do cartel

    Mil maxias máis. Detalle do cartel

O mago Antón trae ao FalaRedes un espectáculo de maxia dirixido a público infantil e familiar que busca poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados  coa finalidade de facer que os espectadores e espectadoras lembren a importancia que ten a palabra en galego.

Cada sesión de Mil maxias máis desenvolverase a bordo do Magomóbil, un vehículo deseñado expresamente para esta exhibición de ilusionismo e lingua. A bordo deste vehículo o mago Antón estará este novembro en Santiago de Compostela, Narón, Vilagarcía de Arousa e A Coruña.

 

       Axenda de FalaRedes 2021. Mil maxias máis
Data e hora Lugar Concello Provincia
21 de novembro, funcións ás 12:00, 13:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas Praza da II República (Xunto ao Auditorio) Vilagarcía de Arousa Pontevedra
23 de novembro, funcións ás 12:00, 13:15, 16:00, 17:30 e 19:00 horas Praza 23 de novembro Narón A Coruña
25 de novembro, funcións ás 16:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horasExplanada do Pavillón de Deportes de RiazorA CoruñaA Coruña
27 de novembro, funcións ás 12:00, 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 horas Campus Sur (á beira do estanque) Santiago de Compostela A Coruña