Volver

#ACULTURASEGUE

Des-enfocar Fisterra. Performa Sociedade Cooperativa Galega

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Velaquí un pequeno resumo as xornadas do mesmo título que o Fondo Xacobeo celebrou en Fisterra o 4 e o 5 de setembro de 2021 contando co traballo dun conxunto de artistas, arquitectos, escritores e persoas relacionadas co ámbito gastronómico e patrimonial galego. O obxectivo deste encontro que se desenvolveu en formato festival, foi poñer en valor e darlle vida cultural á vila de Fisterra como un dos puntos de chegada do Camiño de Santiago, como lugar de acollida de peregrinos e visitantes da Ruta Xacobea.