Volver

#ACULTURASEGUE

Elas, produtoras executivas. AGAPI

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Peza audiovisual destinada a poñer en valor o traballo invisible das mulleres na produción e mostrarlles referentes femininos ás xeracións máis novas, toda vez que Galicia é unha excepción no Estado polo maior número de mulleres con cargos directivos nas produtoras.

Dirixida e protagonizada por elas, quere darlles voz a todas as produtoras que fan posible un audiovisual rico e diverso: Chelo Loureiro, Paula Cons, Nati Juncal, Jaione Camborda, Luisa Romeo, Laura Doval, Mercedes Nieto, Andrea Vázquez, Nina Hernández, Amalia Mato, Silvia Fuentes, Ruth Chao, Beli Martínez, Gael Herrera, Eva Rivas, Inma Castaño, Zaza Ceballos, Mamen Quintas e Emma Lustres. Elas reflexionan sobre o camiño, os logros e fracasos, a conciliación, da autoesixencia, a competencia, os complexos, o machismo, a vulnerabilidade e a aceptación.