Volver

#ACULTURASEGUE

Saúde, diñeiro e amor. Historias do Gran Sol. Destino Bergen

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Miniserie documental de 10 capítulos curtos con entrevistas e conversas con mariñeiros que traballaron no Gran Sol. Nelas os mariñeiros dan a coñecer  as súas vidas, medos e soños, así como a vivencia das súas familias. 

Con vontade divulgativa e didáctica, o proxecto convida á reflexión e quere contribuír a salvagardar a memoria e o patrimonio cultural inmaterial galego co recordo dun oficio que foi mitificado ao longo dos anos.