Volver

#ACULTURASEGUE

Bailando o Camiño. Montserrat Rivera Crespo

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Pesdelá presenta 3 audioviuais con cadanseu baile do Camiño de Santiago, en concreto da ruta do Camiño Vasco Interior: o txulalai, o galandún e a Carballesa.

Cada audiovisual ten dúas partes: na primeira, Mercedes Prieto e Montse Rivera presentan o baile e apréndennos a executar os pasos que o forman.  Na segunda, os membros de Pesdelán, xunto cun grupo de bailadores,  interpretan o baile ao ritmo da música que executan Rubén Montes, Roberto Grandal, Belém Tajes e Xiao Berlai. 

O proxecto quere contribuír a amosar a riqueza cultural do Camiño e a divulgar o seu patrimonio inmaterial.