Volver

#ACULTURASEGUE

Cunqueiro. A grande ilusión. Ouvirmos SL

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Curtametraxe  sobre a obra poética descoñecida de Álvaro Cunqueiro. A idea partiu do descubrimento de que moitas das 800 traducións de poemas encargadas polo xornal Faro de Vigo ao escritor eran, en realidade, obra orixinal do mindoniense. O obxectivo é reconstruír este capítulo da vida de Cunqueiro a partir de entrevistas aos autores do achado e a persoas expertas na súa obra ou que o coñeceron. Afóndase no personaxe, na nova temática descuberta e no porqué deste engano, coa pretensión de entreter e de propiciar o achegamento á obra de Álvaro Cunqueiro.

Tráiler

Documental completo