Volver

#ACULTURASEGUE

O bosque animado 20 anos despois. Nortideas comunicación

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Documental para todos os públicos elaborado con motivo do XX aniversario da estrea de "O Bosque Animado", filme que supuxo un fito por ser a primeira película europea de animación 3D exhibida en salas.

O fío condutor é unha entrevista ao director, Ángel de la Cruz, e a outros membros do equipo 20 anos despois. Conta con ilustracións, imaxes, bocetos, debuxos creados para o filme e fragmentos deste. Presenta a historia e anécdotas do proceso de creación e mostra a evolución do audiovisual galego desde entón.