Volver

#ACULTURASEGUE

Quinta provincia. Redelvi

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Traballo discográfico dos cantautores Lorena Lores e Néstor Blanco, composto por 8 cancións nas que se lles rende homenaxe á emigración galega na Arxentina e ás súas figuras máis destacadas no eido cultural.

1. Quinta provincia. Canción presentación do grupo e do proxecto, composta por Néstor Blanco, con letra de Lorena Lores

2.Son para Isaac. Canción homenaxe a Isaac Díaz Pardo, composta por Néstor Blanco, e con letra de Lorena Lores.

3. O neno de Palermo. Tema recitado por Lorena Lores, sobre un texto de Luis González Tosar, con música de Néstor Blanco.

4. Raid. Canción composta por Néstor Blanco sobre un poema homónimo de Eduardo Blanco Amor.

5. As musas de Seoane. Canción homenaxe a Luis Seoane. Letra e Música de Lorena Lores, con arranxos de Néstor Blanco.

6. Galicia no peito. Canción composta por Néstor Blanco, sobre un soneto de Alfonso Rodríguez Castelao.

7. Pinta, Maruxiña! Canción homenaxe a Maruja Mallo, con letra e música de Lorena Lores, e arranxos de Néstor Blanco. 8- Romaría. Composición sobre un poema de Lorenzo Varela, con música de Enrique Estrada e Néstor Blanco, interpretada por Lorena Lores.