Volver

FALAREDES 2022

A miña lingua, a túa lingua

  • A miña lingua, a túa lingua. Detalle do cartel

    A miña lingua, a túa lingua. Detalle do cartel

A miña lingua, a túa lingua, do grupo de música infantil O Viravai, é moito máis ca un concerto. Trátase dun espectáculo participativo pensado para nenos e nenas de 6 a 11 anos de idade no que se inclúen cancións en galego e inglés, un idioma que se introduce partindo da lingua propia de Galicia.

Entre maio e xullo, a música de O Viravai chegará, baixo xestión de Merlín Comunicación, a 12 entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Baiona, Cangas, Cambados, Silleda, Valga, Betanzos, Boiro, Narón, Noia, Padrón, Ortigueira e Avión.

 

       Axenda de FalaRedes 2022. A miña lingua, a túa lingua
Data e hora Lugar Concello Provincia
13 de maio, ás 20:00 h Casa da CulturaBoiro A Coruña
15 de maio, ás 19:00 h Auditorio da XuventudeCambados Pontevedra
16 de maio, ás 18:00 h Auditorio MunicipalPadrón A Coruña
17 de maio, ás 18:30 h Xardíns Casa da NavegaciónBaiona Pontevedra
21 de maio, ás 19:00 h Auditorio MunicipalValga Pontevedra
28 de maio, ás 19:00 h Teatro NoelaNoia A Coruña
4 de xuño, ás 18:00 h Aula Municipal Xulio CunsBetanzos A Coruña
11 de xuño, ás 18:00 h Teatro da BeneficenciaOrtigueira A Coruña
12 de xuño, ás 12:00 h Centro Cívico Social do ValNarón A Coruña
23 de xuño, ás 18:00 h Centro MultifuncionalAvión Ourense
8 de xullo, ás 18:00 h Praza Señor AfranioSilleda Pontevedra
16 de xullo, ás 20:30 h Adro da Igrexa de HíoCangas Pontevedra