Volver

FALAREDES 2022

Karelu

Chega ao FalaRedes esta representación a cargo da compañía Os Náufragos Teatro.

Karelu fala da educación na familia, da violencia e da crise de valores das sociedades contemporáneas. O fillo de Martín ten un karelu no seu brazo dereito, unha marca que deixa a roupa na pel. Unha agresión. Martín recibe a visita do seu irmán, quen necesita aclarar con el o que pasou. A partir de aí comeza unha viaxe ao pasado onde xorden aspectos da súa vida familiar, de cando eran nenos e como foi a educación recibida.

A obra teatral Karelu, da autoría de Ismael G. Candal e Gustavo del Río, e dirixida por este último, estreouse no teatro Rosalía de Castro da Coruña no ano 2019. Volve agora aos escenarios da man da Rede de Dinamización Lingüística, que apoia as producións teatrais galegas e o seu percorrido no tempo. Karelu está protagonizada por Denís Gómez (nomeado Mellor Actor María Casares 2020) e Santi Cuquejo. 

       Axenda de FalaRedes 2022. Karelu
Data e hora Lugar Concello Provincia
13 de maio ás 20:30h Teatro Pastor Díaz Viveiro  Lugo