Volver

Expande Cans. Asociación Cultural e Deportiva do Porriño Arela

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Nove pezas audiovisuais para difundir as actividades paralelas do Festival de Cine de Cans: conferencias, coloquios e dous documentais inéditos. O obxectivo desta proposta é divulgar entre o maior número de espectadores posible un contido cultural de calidade e identificado coa esencia do festival.

As accións, que se desenvolveron nos espazos Baixo de Bugarín, Leira do Río e Baixo de Carlos, son:

  • Masterclass de subtitulado e linguas minoritarias
  • A que andas? (presentación de proxectos)
  • Fillxs de Cans (avances de filmes)
  • Coloquio co actor Celso Bugallo
  • Coloquio "Labite, a febre Lab" (laboratorios no cinema)
  • Encontro "Café con Crea" (experiencias con realizadores/as)
  • Lendocine (os libros e o cinema)
  • Documental "Mulleres do contrabando" de Juanma Lodo
  • Documental " Cans con máscara" de Isaura Docampo

Lista de reprodución do Youtube cos 9 vídeos