Volver

FALAREDES 2022

Tocata & fuga para Carlos Casares

O músico Emilio Rúa e o escritor Xosé Carlos Caneiro ofrecen no FalaRedes unha dobre proposta. A primeira parte dela é esta velada literario musical que quere conmemorar o 20 cabodano do pasamento do xenial escritor Carlos Casares con cantos e recitados dunha serie de textos que xiran arredor da súa obra, todos orixinais do escritor Xosé Carlos Caneiro. Son narracións, poemas e cancións con música de Emilio Rúa, que interpreta os seus temas acompañado da súa guitarra.

Este espectáculo desenvolverase en Xinzo de Limia, Nigrán, Lalín e Ferrol.

       Axenda de FalaRedes 2022. Tocata & fuga para Carlos Casares
Data e hora Concello Provincia
25 de xuño, ás 18:30 hLalínPontevedra
2 de xullo, ás 20:00 hXinzo de LimiaOurense
3 de xullo, ás 13:30 hFerrolA Coruña
10 de xullo, ás 20:00 hNigránPontevedra