FALAREDES 2022
Cantos, contos e pedraviva
Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro presentan unha proposta dobre no FalaRedes 2022. A segunda parte dela é este espectáculo pensado para vencer os malos tempos, un traballo inusual dentro do mundo musical e cultural galego que inclúe textos de Xosé Carlos Caneiro, con fondo musical orixinal de Emilio Rúa, capaces de emocionar a quen os escoite.
Esta proposta presenta prosas, poemas e cancións que falan de amor, de resistencia fronte á incomunicación dos seres humanos (neste tempo no que semella que estamos máis comunicados ca nunca), de entusiasmos, do país e dos seus misterios, das paixóns, da melancolía, dos afectos, das risas, do humor. Tamén das virtudes magníficas de Galicia e dos galegos.
A carón deles, escoitaranse cancións creadas polo cantautor Emilio Rúa, dotado cunha voz propia orixinal e profundamente sentimental, tenra, sensitiva. Todas de raíz galega, pero tamén cosmopolita, e trenzadas magnificamente para converter cada concerto nun motivo de felicidade para os espectadores.
Axenda de FalaRedes 2022. Contos, cantos e pedraviva | |||
Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
17 de maio, ás 12:30 h | Praza de Abaixo | Allariz | Ourense |
4 de xuño, ás 18:00 h | Salón Nobre do Castelo | Castro Caldelas | Ourense |
15 de xullo, ás 20:00h | Igrexa Santa María no Castelo | Monterrei | Ourense |
30 de xullo, ás 20:00h | Praza do Camiño | Portomarín | Lugo |