Volver

A dobraxe en galego, un modelo de normalización. Recrea Films

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Documental sobre a dobraxe de películas e series de televisión en Galicia. Da súa man asistimos a sesións de dobraxe en estudios galegos e entrevistas a profesionais do sector.

O traballo preséntase como unha ferramenta didáctica e normalizadora, válida para todos os públicos e que, ademais de reivindicar os audiovisuais en galego, pon en valor a industria e fomenta a canteira da dobraxe entre as novas xeracións.