Volver

Memoria e patrimonio. Ponte... nas ondas

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Libro dixital e audiolibro que xorden a partir de 25 fotografías seleccionadas entre as recollidas no Certame Imaxes do Patrimonio, en que a mocidade de centros educativos de Galicia e de Portugal toma contacto coas xeracións anteriores e recolle as memorias asociadas ao patrimonio inmaterial galego-portugués a partir de álbums fotográficos familiares.

Cada unha das instantáneas vai acompañada dun texto explicativo redactado polos nenos e nenas que a presentaron, así como dunha páxina de banda deseñada que mostra a historia de cada imaxe. O material contén tamén textos de apoio sobre o proxecto e unha serie de actividades interactivas.