Volver

FALAREDES 2022

Ghop, Teatro ao Cubo

Un espectáculo no que crear contextos de socialización en galego que vinculan o presente e o pasado para seguir xerando unha lingua de futuro. Sofía Espiñeira presenta esta proposta da súa compañía, Teatro ao Cubo, na que desenvolven un espectáculo de circo totalmente interxeracional e para todos os públicos, para gozar en familia e dende calquera idade. Volver xuntarnos arredor dun espectáculo de variedades en galego no que hai clown, maxia, acrobacias, humor, malabares, monicreques... e que recupera a estética clásica dos circos ambulantes de antes. Unha proposta que nos enche de ímpeto e enerxía ao berro de 'Ghop!, que vén de Hop! Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra de ímpeto soe completa e o nos chegue chea de forza?

Axenda de FalaRedes 2022. Ghop
Data e horaLugarConcelloProvincia
Venres 29 de xullo. Ás 19: 00Praza Alcalde BlancoMarínPontevedra
Venres 05 de agosto. Ás 12:00Local social Sanguiñal (Tállara)LousameA Coruña
Martes 09 de agosto. Ás 21:00Campo de Revelar (A Boliña)BoiroA Coruña
Luns 15 de agosto. Ás 20:00Lavandeira (Imo)DodroA Coruña