Volver

FALAREDES 2022

O tranvía Leonardo

Espectáculo de Fantoches Baj para FalaRedes.

Un espectáculo de narración oral para a infancia con monicreques e música en que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia, protagonista de innumerábeis cancións e anécdotas.

Neste espectáculo a participación do público é continua: aprendendo a pronunciar o "Trabalinguas" das trisílabas ou a cantar a Maturrangaina, na que o público miúdo se exercita en dicir os números en galego do un ao dez. Ao final da función agasállase o público cun xogo recortable coa canción á que fai referencia a imaxe, co obxectivo de que poidan xogar e cantar con el na casa.

Axenda de FalaRedes 2022. O tranvía Leonardo
Data e horaLugarConcelloProvincia
23 de xullo. Ás 12:00 hAnfiteatroArteixoA Coruña
23 de xullo. Ás 20.30 hPraza das Escolas VellasGondomarPontevedra
27 de xullo. Ás 21:00 hPraza de San Roque (Cespón)BoiroA Coruña
6 de agosto. Ás 20:00 hPraza do ConcelloToénOurense
16 de agosto. Ás 21:00 hPraza da ConstituciónBandeOurense
21 de agosto. Ás 19:00 hPraza do ReloxoTrivesOurense
24 de agosto. Ás 11:00 hPraza Emilia Pardo BazánO CarballiñoOurense
25 de agosto. Ás 20:00 hCampo da Festa de SeiraRoisA Coruña
26 de agosto. Ás 12:00 hPiscina MunicipalMesíaA Coruña
7 de setembro. Ás 20:00 hPraza do ConcelloRodeiroPontevedra
9 de setembro. Ás 19:00 hAuditorio Xosé CasalVila de CrucesPontevedra
25 de setembro. Ás 18:00 hPraza da BibliotecaLalínPontevedra
2 de outubro. Ás 17:00 hAuditorio Casa da CulturaA CañizaPontevedra