Volver

FALAREDES 2022

Cadernos de cores e cancións

É un espectáculo musical de Magín Blanco e Pablo Vidal dirixido ao público infantil e familiar que propón un percorrido pola creación musical e literaria das cancións. Partindo do legado dos trobadores e trobadoras, esta proposta de dinamización en formato concerto-obradoiro repasa diferentes cancións en lingua galega e facilita un espazo de interacción e intercambio co público para que, de forma colectiva, se cree unha nova peza. A través do xogo, o publico poderá comunicarse e facer uso da lingua galega coas melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.

       Axenda de FalaRedes 2022. 
Data e hora Lugar Concello Provincia
10 de setembro, ás 12:00 hCentro Veciñal e Cultural de ValadaresVigoPontevedra
17 de setembro, ás 18:00 hCampo da festa de Tenorio Cerdedo-CotobadePontevedra
8 de outubro, ás 18:00 hMuseo do Mar de GaliciaVigoPontevedra
15 de outubro, ás 19:00 hSalón de Actos do ConcelloLaxeA Coruña
4 de novembro, ás 18:00 hSalón de Actos da Casa da CulturaO GrovePontevedra
19 de novembro, ás 18:00 hCentro de PedornesOiaPontevedra
25 de novembro, ás 18:00 hCasinoNoiaA Coruña
26 de novembro, pendente horaCulturgalPontevedraPontevedra