Volver

FALAREDES 2022

A parábola do angazo

No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar. E entre todas elas está a nosa, a galega. Con “A parábola do angazo” e desde o humor e a reflexión bótase unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do presente e mesmo mirar de esguello o que haberá no futuro.

Este novo espectáculo teatral forma parte da andaina lingüística iniciada con “Bicos con lingua” e “Pelos na lingua”.

Axenda de FalaRedes 2022. "A parábola do angazo", de Talía Teatro
Data e hora Lugar Concello Provincia
15  de outubro, ás 20:30 hAuditorio MunicipalVerínOurense
16 de outubro, ás 19:00 hCentro Cultural O SalónAbegondoA Coruña
20 de novembro, ás 19:00 hAuditorio MunicipalCaldas de ReisPontevedra
27 de novembro, ás 18:00 hPraza da Cultura do CulturgalPontevedraPontevedra