Volver

FALAREDES 2022

Festa Maimiña

“A Festa Maimiña” está dirixida ás persoas máis pequenas da casa, para que as familias poidan gozar de diferentes espectáculos de contos, de música e dun obradoiro de arrolos. Un ciclo deseñado e pensado para crear un vínculo afectivo co galego e coa cultura galega nas primeiras idades. Esta festa xunta propostas artísticas de calidade e de éxito entre as familias con Gloria Mosquera de Mamá Cabra, a banda musical Golfiños, a contadora Jara Ortiz e a Compañía Eléctrica.

Axenda de FalaRedes 2022. A Festa Maimiña
Actuación Data e hora Lugar Concello
"O soño dos golfiños" de Golfiños14 de outubro, ás 17:30 hPraza da igrexaLalín
"Arrolos" de XesCultura15 de outubro, ás 12:30 hPraza da igrexaLalín
"Lúa Triangular", de Jara Ortiz15 de outubro, ás 17:30 hPraza da igrexaLalín
"Festa", da Compañía Eléctrica16 de outubro, ás 12:00 hPraza da igrexaLalín