Volver

FALAREDES 2022

O lobo e a lúa

A compañía de teatro infantil Baobab chega este ano ao programa de dinamización lingüística FalaRedes cun espectáculo para os máis pequenos da casa que foi galardoado co Premio Barriga Verde de textos teatrais en galego. É unha peza tenra, divertida e chea de intriga que trata sobre a aceptación das diferenzas a través dunha historia de amizade, de superación dos propios medos e de amor. Ademais, introduce os espectadores de idades temperás nos contos tradicionais, nas cantigas, e na tradición oral.

Axenda de FalaRedes 2022.  O lobo e a lúa
Data e horaLugar Concello Provincia
12 de novembro, ás 17:30 hSalón de actos do centro SocioculturalMonterrosoLugo
13 de novembro, ás 18:00 hEdificio Multiúsos MorañaPontevedra
25 de novembro (pendente hora)Pazo de Cultura (Culturgal)PontevedraPontevedra
9 de decembro, ás 20:00 hCentro SocialPontecesuresPontevedra
10 de decembro, ás 18:30 hSala de CulturaMondariz-BalnearioPontevedra