Volver

FALAREDES 2022

Xogar, aprender, medrar

Xornadas de xogos de mesa en galego para promover o xogo en familia e a normalización da lingua.

Empréganse nelas os xogos artesanais da empresa Brazolinda, en galego e deseñados para que poidan xogar xuntos grandes e pequenos. Estes xogos teñen unha grande aceptación entre as familias e tamén se empregan como material didáctico nas aulas, pois a través das matemáticas, da expresión oral, da mitoloxía galega, do Camiño de Santiago, das adiviñas... favorecen a socialización ao tempo que fomentan, non só a aprendizaxe de contidos, senón tamén a introdución do galego en calquera ámbito ou temática educativa.

       Axenda de FalaRedes 2022. 
Data e hora Lugar Concello Provincia
16 de outubro, ás 11:00 h Feira do LibroLalínPontevedra
23 de outubro, ás 12:00 h Recreo CulturalA EstradaPontevedra
24 de outubro, ás 17:30 h Casa da CulturaA BañaA Coruña
5 de novembropendenteOutesA Coruña
12 de novembro, ás 12:00 hBiblioteca Municipal A. Castelao Betanzos A Coruña
19 de novembro, ás 11:00 hAntiga Biblioteca (Castro de Ribeiras de Lea)Castro de Rei Lugo
20 de novembro, ás 17:00 hAula de FormaciónXoveLugo

25 de novembro, ás 17:00 h

26 de novembro, ás 16:00 h

CulturgalPontevedraPontevedra
30 de novembro, ás 18:00 hCasa da CulturaMonforte de LemosLugo
7 de decembro, ás 17:00 hCasa da CulturaCorcubiónA Coruña
10 de decembro, ás 11:00 hCasa da CulturaBurelaLugo