Volver

Dagga Lives. Comparte Galicia

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Seis videoclips de artistas galegos en formato de directo musical gravados nas instalacións de Dagga Lives.

Cada vídeo inclúe un ou dous temas do mesmo artista ou grupo en formato semiacústico. Os artistas propostos son: Lilaina (música tradicional galega, voces e pandeiretas), La Rue Band (jazz feito en Galicia), Dúo Caamaño Ameixeiras (folk, violín e acordeón), High Paw (reagge) e Diego Salgado (neosoul).

A iniciativa busca a visualización da muller no eido artístico, o fomento do idioma galego, a creación de produtos de consumo doado para as novas xeracións e o coñecemento do potencial artístico galego e das novas tecnoloxías de consumo audiovisual.

Caamaño & Ameixeiras

Diego Salgado

High Paw

Diego Salgado e High Paw

La Rue Band

Lilaina