Volver

Pistas, lindes e outros sinais para non perderse na espesura do poema. Miguel Alejandro López Seoane

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Disco dixital Forestal, con catro cancións e dous poemas inéditos de Lucía Aldao e María Lado (Aldaolado), acompañadas de Miguel Seoane.

O proxecto inclúe seis ficheiros vídeos, a modo de guía de escoita, nos que as poetas explican as creacións; estas pezas, que actúan como presentación dos poemas e cancións para o público xeral, están destinadas en especial a docentes e alumnado de secundaria, aos que lles servirán de punto de partida para tratar diversos temas: a lingua, o amor romántico, a formación da identidade, os cambios da adolescencia, o feminismo, etc.

Arranxos, gravación, produción e colaboración na composición musical: M. Seoane. O disco está editado con licenza de uso libre (CC).