Volver

Proxección exterior da literatura galega a través dos Premios Rosalía de Castro. Centro PEN Galicia

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Publicación dixital na que se pretende recoller a sucesión histórica dos Premios Rosalía de Castro, cos que se recoñece a traxectoria literaria de catro autores relevantes en lingua portuguesa, castelá, catalá e vasca.

A publicación pretende darlles visibilidade a escritores e escritoras importantes, que visitaron Galicia con motivo destes premios e que coñeceron, viviron e esparexeron a nosa literatura. Trátanse as 13 edicións dos premios (bianuais), de 1996 a 2020, cun total de 52 persoas premiadas nas catro linguas indicadas: Saramago, Torrente Ballester, Lobo Antunes, Vázquez Montalbán, Valente, Isabel Allende, Margarit, Jon Kortazar...