Volver

Tradición musical galega en femino. Play Plan Cultural SLU

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Unidade didáctica elaborada polas Tanxugueiras que acompañou seis obradoiros para nenos e nenas celebrados en centros de educación primaria. Neles, os rapaces e rapazas foron convidados a mergullarse na tradición dun xeito lúdico e a mesturala coa modernidade co fin de poñer en valor e manter vivo o noso inmenso legado cultural.