Volver

Galicia con nome de muller. Adolfo Enríquez

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Que Galicia está chea de destinos de incalculable valor histórico, natural e cultural é algo por todos sabido. Que moitos deses lugares foron testemuña da vida e da obra de mulleres excepcionais, que marcaron logros únicos para a nosa comunidade e para o mundo, é menos coñecido. O libro Galicia con nome de muller presenta un percorrido por algúns dos lugares máis destacados da xeografía galega, con figuras femininas relevantes como fío condutor.