Volver

FALAREDES 2023

Castelao

  • Castelao. Detalle do cartel

    Castelao. Detalle do cartel

O FalaRedes 2023 ábrese cunha peza de Culturactiva Producións para público de 6 a 10 anos e as súas familias. A autora é Paula Carballeira, a directora Fina Calleja e as actrices Cris Collazo e Mónica Caamaño.

Trátase dunha montaxe de ritmo trepidante arredor da figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai. Para facer aínda máis atractiva a obra, os diálogos de ficción introducen elementos marabillosos combinados con elementos recoñecibles da obra de Castelao, cos que o elenco, a música e o deseño de iluminación xogan creando un espectáculo cheo de plasticidade, cor e ritmo. O humor, a intriga, a linguaxe accesible están presentes no espectáculo, que se dirixe aos espectadores e espectadoras desde unha posición de igualdade cos seguintes obxectivos:

  • Fomentar o consumo de produtos culturais en galego, especialmente do público familiar.
  • Pola súa temática e referencias históricas, fomentar o coñecemento dunha das figuras máis relevantes da cultura galega e en galego do século XX.
  • Proporcionar unha experiencia positiva, amena e satisfactoria ligada á lingua galega a quen asiste ao espectáculo.
  • Potenciar a mirada feminina nas montaxes teatrais, tanto desde o punto de vista da dramaturxia, como da dirección e do elenco.
  • Contribuír á normalización e difusión da lingua galega nas idades máis novas e no contexto familiar e cultural.

 

       Axenda de FalaRedes 2023. Castelao
Data e hora Lugar Concello Provincia
19 de marzo, ás 12:00 hAuditorio Constante ListeTeo A Coruña
31 de marzo, ás 20:00 hAuditorio Lauro OlmoO Barco de ValdeorrasOurense
14 de abril, ás 18:00 hTeatro Pastor DíazViveiroLugo
15 de abril, ás 19:00 hCasa da Cultura Ramón Martínez LópezBoiroA Coruña
16 de abril, ás 18:00 h Auditorio Carmen EstévezVilalbaLugo
22 de abril, ás 18:00 hAuditorio Municipal Vilagarcía de ArousaPontevedra
28 de abril, ás 17:00 hCentro culturalO PorriñoPontevedra
29 de abril, ás 18:00 hEdificio MultiusosMonforteLugo
30 de abril, ás 19:30 hCasa da Cultura de PortosínPorto do Son

 

A Coruña