Os Axóuxeres 2009

Un ano máis, coa chegada do outono, veñen tamén os Encontros dos Axóuxeres para os máis novos da casa. Os Axóuxeres traen historias, música e diversión para os cativos menores de 6 anos.

Desta volta da man dunha compañía pioneira do teatro para bebés en Galicia: Caramuxo Teatro.

De setembro a decembro percorrerán 24 localidades galegas pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística: Ourense, Santa Comba, Arteixo, A Coruña, Ames, Burela, Viveiro, Ferrol, Xinzo de Limia, Verín, O Pereiro de Aguiar, Moaña, Redondela, Teo, Ribeira, Vilalba, Mos, O Porriño, Pontedeume, O Grove, Vilagarcía de Arousa, Silleda, A Estrada e Santiago de Compostela.