Lingua de namorar 2015

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.

Características das mensaxes

Cada participante puido enviar un máximo de dúas mensaxes escritas en lingua galega, en prosa ou en verso, ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe).

Categorías de idade e premios

Establecéronse tres premios por cada unha das categorías de idade determinadas polas bases:

Categoría A (de 14 a 19 anos):

  • Primeiro premio. Cámara somerxible Fujifilm FinePix XP70 + actividade de aventura para dúas persoas
  •  Segundo premio. Tablet para lectura Kindle, con pantalla táctil de 6’’
  •  Terceiro premio. Videocámara deporte dixital impermeable

Categoría B (de 20 a 35 anos):

  • Primeiro premio. Tablet 4.0, 10,1’’ de 32 XG + actividade de aventura para dúas persoas
  • Segundo premio. Disco duro Toshiba Canvio Basics 2.5’’ (USB 3.0, 1 TB)
  • Tarxeta regalo Spotify Premium de 6 meses