Volver

FALAREDES 2020

Xan Perillán

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 trae a coñecida compañía de monicreques Kukas ao FalaRedes 2020 con tres pezas arredor do personaxe Xan Perillán, os tres escritos e protagonizados por Marcelino de Santiago, que farán as delicias dos máis pequenos en 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

  • Xan Perillán. Detalle do cartel

    Xan Perillán. Detalle do cartel

Xan Perillán na biblioteca máxica

Orixinal recital dramatizado que a través de recursos como a pintura en directo e a posta en escena con obxectos e marionetas presenta varios poemas do libro De trebellos, perellos e fedellos do que o propio Marcelino de Santiago é autor e ilustrador. Está dirixido a público infantil de 3 a 8 anos de idade.

Xan Perillán compra queixo, compra pan

Espectáculo que mestura o pallaso e a pantomima cos monicreques e a maxia compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio natural e coa ecoloxía. Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Xan Perillán e a maleta máxica

Espectáculo para todos os públicos que mestura o pallaso e a pantomima coa maxia e a manipulación de monicreques.

 

       Axenda de FalaRedes 2020. Xan Perillán                                                        
 Data e hora LugarEspectáculo Concello Provincia
 31 de xullo, ás 22:00 horas Casa Mariñeira D. FernandoXan Perillán e a maleta máxica Sanxenxo Pontevedra
 19 de agosto, ás 18:00 horas Cidade da CulturaXan Perillán e a maleta máxica Santiago de Compostela  A Coruña
 19 de setembro, ás 20:00 horas Praza de Ponte CarreiraXan Perillán compra queixo, compra pan Frades A Coruña
 18 de outubro, ás 12:00 horas Casa da Cultura de CamporrapadoXan Perillán compra queixo, compra pan Boqueixón A Coruña
 23 de outubro, ás 18:00 horas Casa da CulturaXan Perillán vai á biblioteca Brión A Coruña
 24 de outubro, ás 18:00 horas Edificio de Usos MúltiplesXan Perillán vai á biblioteca Coristanco A Coruña
 31 de outubro, ás 18:30 horas Salón TeatroXan Perillán vai á biblioteca Lalín Pontevedra
 1 de novembro, ás 12:30 horas Auditorio MunicipalXan Perillán e a maleta máxica Cedeira A Coruña
 14 de novembro, ás 18:00 horas Nave da Estación de Sta. Cruz Ribadulla Xan Perillán e a maleta máxica Vedra A Coruña
 21 de novembro, ás 12:00 horas Auditorio Municipal Constante Liste (A Ramallosa)Xan Perillán compra queixo, compra pan Teo A Coruña
 27 de novembro, ás 18:00 horas En liña: facebook.com/ConcellodeMoanha e facebook.com/rechouchiosXan Perillán compra queixo, compra pan Moaña Pontevedra
 28 de novembro, ás 18:00 horas Auditorio MunicipalXan Perillán e a maleta máxica Cangas  Pontevedra