FALAREDES 2020
Arrieira
Xarope Tulú trae ao FalaRedes un contacontos para toda a familia que mostra a importancia do camiño como aprendizaxe, como punto de encontro entre as persoas que o atravesan.
Ninguén coñecía os camiños mellor ca os arrieiros. Estes eran, na súa maioría, homes, pero Atenea García (narradora) e Nicolás Zamorano (músico) vannos presentar unha arrieira coñecedora dos vieiros e das súas xentes. A arrieira, no seu percorrido, tiña atopado historias de vida, seres míticos, lavandeiras e afiadores e, coma un tesouro, fora gardando todos eses saberes e sentires na súa memoria. Había quen dicía que pedía contos a cambio de cantares: "Regáloche unha cantiga se me contas un conto". Así o cesto da arrieira cargábase de historias recollidas nos carreiros. Os contos que recollera, contábaos, pero facía ben tempo que collera por costume facer uso das licenzas poéticas, por iso ás veces lle daba a volta ás historias que sentira, narrándoas ao seu xeito.
Axenda de FalaRedes 2020. Arrieira | |||
Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
22 de outubro, ás 17:30 horas | Aula de lectura da Biblioteca | Dodro | A Coruña |
28 de outubro, ás 18:00 horas | Casa da Cultura | O Grove | Pontevedra |
29 de outubro, ás 18:30 horas | Centro Cultural | Oroso | A Coruña |
30 de outubro, ás 16:30 horas | Casa da Cultura | Cospeito | Lugo |
8 de novembro, ás 12:30 horas | Casa da Cultura | Neda | A Coruña |
20 de novembro, ás 18:00 horas | Casa da Cultura | Padrón | A Coruña |
25 de novembro, ás 10:30 horas | En liña: https://apontestudio.com/escenario/#clip=3qcx0fpu12as | Ribeira | A Coruña |
25 de novembro, ás 17:30 horas | Auditorio Municipal | Cerceda | A Coruña |