Volver

FALAREDES 2020

Mmm! Unha comedia musical para chupar os dedos

Da man da compañía Teatro Avento Producións chega esta peza infantil e familiar finalista ao mellor espectáculo infantil nos XXIV Premios de Teatro María Casares 2020.

  • Unha comedia musical para chupar os dedos. Detalle do cartel

    Unha comedia musical para chupar os dedos. Detalle do cartel

Sumándose á tendencia de amor polo culinario, a acción deste musical dirixido a público a partir de 3 anos de idade, desenvólvese na pastelaría de dona Remedios, onde Ana (Rocío Salgado) e Lito (Martín Maez) terán que chegar a un pacto para defender os seus intereses.

Polo camiño, e sempre en clave de comedia, irán transmitindo valores como a igualdade, a importancia do esforzo, a tolerancia ou o traballo en equipo. Ademais, o repertorio de cancións inclúe pezas destinadas a reforzar o léxico dos números ou as cores.

 

       Axenda de FalaRedes 2020. Mmm! Unha comedia musical para chupar os dedos                                                      
Data e hora Lugar Concello Provincia
 13 de novembro, ás 18:30 horas  Auitorio Municipal Cariño A Coruña
  8 de decembro, ás 18:00 horas Museo do Mar Vigo Pontevedra
 13 de decembro, ás 17:30 horas Salón de actos e plenos da Casa da Cultura Carnota A Coruña