Volver

#ACULTURASEGUE

O dicionario da ciencia. Ciencia Galega Industrias Creativas

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

 

 

 

  

Breves audiovisuais a modo de videobitácoras sobre termos científicos. Os dez vídeos que compoñen esta serie -e que se irán publicando progresivamente ao longo de novembro, Mes da Ciencia en Galego- estarán dedicados a cadanseu eido semántico relacionado coa ciencia e teñen un carácter divulgativo, fresco e desenfadado.

1. Coronavirus – Profundizamos na orixe en 1898 do termo máis famoso do momento.

2. Buraco negro – Saímos ao espazo exterior para entender que son os buracos negros, que foron fotografados por primeira vez no 2019.

3. As palabras da pandemia – Desde a súa aparición en Internet no 2012, o dicionario da RAG non para de engadir palabras, pero este pasado 2020 as principais entradas teñen que ver coa pandemia.

4. A vacina vén da vaca – Entre outras moitas cousas que nos deron as vacas está tamén a vacina, pois a primeira que se descubriu na historia, a da varíola, ten moito que ver con estes animais.

5. A gaivota dixo quark – Unha das partículas máis pequenas que forman a materia son os quarks, pero o máis curioso é a orixe mariñeira do seu nome.

6. PCR – Escoitamos falar a diario desta técnica para saber se estamos ou non contaxiados da covid-19, pero en qué consiste realmente?

7. Os nomes da maruxiña – Este insecto que tanto nos gusta a todos ten unha chea de nomes diferentes no noso país, 27 para ser exactos. Cal empregas ti?

8. Hai ósos de osos – Na Cova de Eirós, en Triacastela, atopáronse ósos de osos. Para entender esta historia a clave está no acento.

9. Fieitos – Esta planta de 145 millóns de anos e convivente dos dinosauros recibe unha morea de nomes distintos. Por cal a coñeces ti?

10. Evoluciona, non sexas pimpín – Este paxaro pequeno que vive, entre outros sitios, nas fragas de Galicia, tivo un papel moi importante na historia da evolución grazas a Chales Darwin.