Volver

#ACULTURASEGUE

7 días en Galicia. Mauro Trastoy Lindín

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Vídeo didáctico de animación que mostra as principais cidades galegas e algúns monumentos e lugares que se poden visitar nelas. Os protagonistas son a alemá Erike, que vén desde Berlín para visitar Galicia, e o seu amigo Xoán, que lle amosa as cidades máis importantes nun percorrido de 7 días (un por cidade) polos edificios e lugares máis significativos de cada urbe. O proxecto, multilingüe, conta con versións en galego, inglés, francés e alemán.