Programas

Filtrar por...

  • Colectivo
  • Tema
Temos dispoñibles para consulta 78 programas
Toponimízate 2022
07/06/2022

Toponimízate 2022

Nova edición do programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

#Estiquecantas
21/02/2022

#Estiquecantas

Velaquí un proxecto asentado nos audiolibros da obra en galego de Rosalía de Castro. É unha ferramenta para multiplicar a súa voz dede a accesibilidade e a implicación directa coas lectoras e lectores, coas e cos oíntes.

21 días co galego e +
31/01/2022

21 días co galego e +

21 días co galego e + é un programa impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A súa finalidade é promover o uso do galego oral entre a xente nova. Nesta cuarta edición desenvólvese desde o 1 ata o 21 de febreiro de 2022.

Nadal en Rede 2021
17/12/2021

Nadal en Rede 2021

Tras a paréntese do ano pasado, motivada pola crise da covid-19, volve Nadal en Rede co seu programa de actividades para celebrarmos as festas en galego dirixido a todos os públicos, pero especialmente á xente miúda da casa.

Toponimízate 2021
28/09/2021

Toponimízate 2021

Retomamos, tras a obrigada parada que supuxo a pandemia, o programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O galego campa 2021
03/08/2021

O galego campa 2021

Tras o verán de 2020, marcado polas restricións derivadas da pandemia de covid-19, volve O galego campa!, o programa da Secretaría Xeral de Políltica Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destinado a favorecer o uso do galego nos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais a facilitarlle ao monitorado formación e recursos para o desenvolvemento de dinámicas que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua, de acordo coas liñas de traballo que se establecen no Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade 2019-2022.

21 días co galego e +
22/02/2021

21 días co galego e +

Bota a andar a terceira edición de 21 días co galego e +, un programa impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A súa finalidade é promover o uso do galego oral entre a xente nova. Nesta edición desenvolverase desde o 22 de febreiro ata o 14 de marzo de 2021.