- Portada
- O galego...
- Promovelo
- Programas
Programas
Os Axóuxeres 2010-2011
Os Axóuxeres é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística que botou a andar o 4 de setembro. Trátase dun programa de dinamización lingüística dirixido a bebés de 0 a 3 anos que, mediante o xogo, a música e a experiencia sensorial, busca favorecer a incorporación do galego á comunicación entre as familias e os bebés.
O galego campa 2011
"O galego campa!" é o novo programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado destinado aos campamentos de verán.
O galego, chave para os teus negocios no mundo
A campaña “O galego, chave para os teus negocios”, posta en marcha pola Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística
Os Axóuxeres 2009
Un ano máis, coa chegada do outono, veñen tamén os Encontros dos Axóuxeres para os máis novos da casa. Os Axóuxeres traen historias, música e diversión para os cativos menores de 6 anos.
Desta volta da man dunha compañía pioneira do teatro para bebés en Galicia: Caramuxo Teatro.
Os Axóuxeres 2008
No mes de setembro chega unha nova edición da Festa dos Axóuxeres, un espectáculo para o teu bebé e para toda a familia. Durante todo o mes, os encontros achegaranse a 5 vilas galegas, onde os nenos poderán acudir de balde coas súas familias.
Os Axóuxeres 2007
Coa idea de animar os pais e as nais a transmitiren a lingua aos fillos desde que nacen, ponse en marcha a iniciativa Encontros dos Axóuxeres para bebés en familia, que se desenvolve en distintas localidades de toda Galicia durante os meses de outono e inverno.
Un mundo de palabras
Un mundo de palabras é un espazo para a difusión da cultura da palabra, un punto de encontro de diferentes modos creativos orais, de tempos (gravacións actuais e históricas), de persoas (anónimas e de sona, pequenos e grandes), de culturas e mundos (palabras galegas e doutras linguas), de tradición popular e de autor.