III Premio Concepción Arenal 2016
A Deputación da Coruña convoca este premio a proxectos educativos en lingua galega que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento de estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violenciai de xénero, así como a construción de esquemas alternativos que axudan a comprender e respectar a igualdade de oportunidades real entre sexos.
Poderán participar os centros educativos públicos da provincia da Coruña en calquera das tres modalidades establecidas: proxectos para infantil, para primaria e para secundaria.
Haberá un premio en metálico de 5000 euros por cada unha das tres modalidades.
O prazo de presentación de proxectos remata o 28 de novembro de 2016