Volver

V Coloquio Narrativa, Media e Cognición

Será o 9 e 10 de novembro, na Universidade do Algarve. Recepción de traballos deica o 31 de xullo.

  • Narrativa, Media e Cognición

    Narrativa, Media e Cognición

O Coloquio Narrativa, Media e Cognición vai na súa quinta edición, despois de terse iniciado na Universidade do Minho en 2014, pasado pola Universidade Católica Portuguesa en 2015, pola Universidade do Porto en 2016 e no 2017 pola Universidade da Beira Interior.

A edición de 2018, entre o 9 e 10 de novembro de 2018, será acollida polo CIAC – Centro de Investigación, na Universidade do Algarve, e constitúe, por tanto, unha oportunidade máis para promover as xa habituais reflexións e discusións conxuntas ao redor dunha temática tan frutífera e inesgotable, situada no cruzamento entre varias áreas científicas. No día 10 de novembro terá lugar un Workshop en Narrativas Dixitais.

A Comisión Organizadora do V Coloquio Narrativa, Media e Cognición convida a todos os interesados a enviaren propostas de comunicación (de 20 min.) relacionadas coas áreas temáticas definidas.

Áreas temáticas

• Narrativa e comunicación;

• Narrativa no cinema, videoxogos, arte interactiva, intermedia e transmedia;

• Novas poéticas e estruturas narrativas (modelos non-lineares e multilineares, hibridismo);

• Papel da narrativa na cognición e na organización do coñecemento;

• Narrativas históricas, sociais e políticas (análise dos mitos, métodos historiográficos, discursos da identidade coletiva e da alteridade, utopías e distopías sociais, etc.);

• Narrativas e culturas marxinalizadas;

• Ética, fake news e posverdade;

• Outros temas relacionados.

Publicación

No final do Coloquio, o CITAR Journal publicará un número especial dedicado ao tema Narrativas, Media e Cognición onde serán publicadas as comunicacións seleccionadas.