Volver

II Premio de Oratoria "Filomena Dato"

Certame organizado pola asociación Lisístrata e dirixido a alumnado dos diferentes ciclos do ensino e para centros públicos ou privados (Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato) de Galicia e do exterior.

O certame foi creado coa intención de promover a expresión poética, narrativa e discurso do feminismo en galego. Ademais, réndelle homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos escasos referentes da literatura feminina e feminista do S. XIX e a segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século. O tema desta edición é o chamado "Mansplaining". No verán de 2020 a asociación convidou a Real Academia Galega a que inclúa este termo no seu dicionario.

O prazo máximo de inscrición, que se fará no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com, será o día 1 de xullo de 2021.